
o tempo segue a avanzar...
sempre busco algún momento
de relax e relembrar
que teño tanto e tan bo
que me axuda no avanzar
que sempre terei un sonriso
que gardar no camiñar
¡Que ledicia, que tesouro!
se se intenta valorar
que detrás dalgún trinunfo
sempre atopo en quen pensar
non acado o termo exacto
non consigo demostrar
aos meus pais o meu afecto
aos meus amigos estar
sempre preto sempre ao tanto
dos problemas e acadar
entre todos non sei como
facer mi risa estalar
No hay comentarios:
Publicar un comentario